Especie de chaqueta que vai cinguida ao corpo e chega máis ou menos ata a cadeira
Etimoloxía
É un préstamo que se pensa que se recibe do francés casaque ou do italiano casacca, nos dous casos designa unha peza de vestir.
Exemplos *
“O capitán levaba o uniforme da mariña. Co seu sombreiro e a súa casaca de moitos botóns.” (María Reimóndez Meilán: Pirata, 2009)
“O primeiro en brincar á cuberta da Hispaniola foi o capitán dos asaltantes: un home de corpo esguío que chamaba a atención por ir vestido con casaca e calzas de damasco de cores vivas e charramangueiras e cun sombreiro de abas anchas e reviradas na cabeza.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.