casarello

Casa pequena, vella e xeralmente moi deteriorada

Etimoloxía

Palabra derivada por sufixación apreciativa formada sobre o vocábulo “casa” procedente do latín casa ‘choza’.

Exemplos *

“O corazón batíalle de présa a medida que avanzaba. Ao fondo xa se podían distinguir as pedras dos casarellos. Non se albiscaba ningunha alma e iso tranquilizouna. Era aquel lugar.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)

“Como tamén empezara a folerpar e xa case estaba escuro miraron de dar cun refuxio para a noite. Conall, o vitorioso, e Bricriu, o velenoso, lingua de subela, foron diante e non atoparon máis nada que un casarello no que vivía unha parella de vellos moi preto do divino Brug.” (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.