cascallo

Conxunto de fragmentos dun edificio derrubado ou de residuos dunha construción.

Etimoloxía

Procede do latín, pero non hai acordo sobre se se trata dun derivado de casca ou cascar ou se vén da palabra quisquilia 'residuo'.

Exemplos *

"Estaba apostado nunha pedra que despuntaba do chan, gorecido polo seu acólito e entre os cascallos dunhas obras que encheran de po a sancristía." (Antón Lopo: Ganga)

"… todos os outros habitantes da casa, nenos incluídos, podían ter saltado polos aires había só uns minutos e non ser agora máis que uns corpos desfeitos entre os cascallos." (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.