Insecto da familia dos blátidos (Blatta orientalis), duns tres centímetros de lonxitude, cor negra brillante, con femias ápteras e machos alados.
Etimoloxía
Se ben non se coñece con seguridade a súa orixe, apúntase a que se formase a partir de casca.
Exemplos *
"Sospeito que dentro deste fermoso corpo de cascuda centroeuropea se atopa atrapado un ser humano." (Carlos Losada: Game over)
"Xa eles sabían que o animal máis bonito da terra é a cascuda que come a merda dos morcegos na cova do rei Cintolo." (Manuel Rivas: Os libros arden mal)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.