Pequena construción destinada a distintos usos, agás a vivenda
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “casa” que vén da latina casa que significaba ‘caseta’ ou ‘cabana’.
Exemplos *
“Os outros achegáranse a comer polbo ás casetas que se puxeran na parte baixa do parque co gallo das festas.” (Jaureguizar: As horas sucias, 2001)
“Dúas fileiras de casetas compoñían a feira; en cada unha delas, o artista-dependente agardaba que o contido público se achegase aos seus artigos.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.