Casa ruín
Etimoloxía
Palabra derivada cun sufixo apreciativo que toma como base “casa” que bebía do equivalente latino casa ‘choza’.
Exemplos *
“Non podo consentirme divertimentos; teño que seguir. E nas casoupas onde vivimos os que non moramos en pazos, cada cousa leva o seu tempo e o tempo non o regala Deus senón aos príncipes, que aquí, máis ben, a morte apaña vidas prematuramente.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)
“O tío Xenxo era un home solitario, raro, mesmo mal encarado (...). O seu maior inimigo, Severiano, que morreu preto dos cen. Severiano era o noso veciño e vivía nun miserable caseto arrimado á nosa casoupa, daquela xa moi mellorada, máis ben casa xa.” (Marica Campo: Memoria de Xoana, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.