castañal

Terreo poboado de castiñeiros

Etimoloxía

Creación mediante sufixación sobre a palabra “castaña” que bebe do equivalente latino de significado semellante castanea.

Exemplos *

“O vento formaba ondas de xesta e levantaba bandadas marelas de flores de toxo. Máis adiante, os fentos camufláranse de souto no castañal.” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada / Retiro, 1997)

“Atrás quedaban varias leguas de camiño sobre as escarpas da serra e as fonduras dos vales, cos seus castañais recortados sobre o fondo branco da neve.” (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.