castañeiro, -a

Persoa que vende castañas

Etimoloxía

Substantivo que xorde sobre a palabra “castaña” que bebe do equivalente latino de significado semellante castane.

Exemplos *

“O castañeiro, por exemplo, facía uns cartuchos cónicos tan perfectos como as flores de cala que vendía a florista dos pés descalzos.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro, 1998)

“As mazás procedían dunha caixa de froita derramada que trouxera do mercado, pero tiñan moito que aproveitar, e as castañas regalárallas a castañeira que tiña o posto a carón do cine Metropol.” (Marilar Alexandre: Compañía Clandestina de Contrapublicidade, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.