castaña

castanhaFroito comestible do castiñeiro.

Etimoloxía

En latín, o nome era o mesmo para a árbore e o froito, castanea, -ae, tomado do grego.

Exemplos *

“A pataca substituíu a castaña como alimento base da nosa alimentación e tamén se empezaron a consumir pementos e tomates.” (A Nosa Terra 17-11-2010)

“… a detonación covarde dun revólver pasea as rúas, como o son metalúrxico dunha castaña ao estourar no lume …” (Antón Riveiro Coello: Homónima)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.