castañeira

Época do outono en que maduran as castañas e se varean os castiñeiros para recollelas.

Etimoloxía

Fórmase sobre o substantivo 'castaña' (do latín castanea) engadindo o sufixo -eira.

Exemplos *

“Aquí é terra de moita castaña, pola castañeira había festa, víase desde lonxe a luminaria nos sequeiros, aqueles sequeiros estaban fumegando uns vinte días, e resoaban os aturulos por aqueles soutos.” (Emilio Araúxo: Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra)

“¿Por que de todos os que en Alcobaza son os tempos, sazóns, xeiras e laboura, máis eu lembro, ao pechar os ollos e reedificar na memoria os días arraianos da miña infancia e mocedade, os esforzos das xentes contra a liño? ¿Por que non a mata, ou as vindimas, ou a castañeira?” (Xosé Luís Méndez Ferrín: Arraianos)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.