castiñeira

Lugar poboado de castiñeiros

Etimoloxía

Palabra derivada por sufixación que toma como base “castaña” que bebe do equivalente latino de significado semellante castanea.

Exemplos *

“Sen tensa-las rendas, dándolle ó cabalo máis confianza da que merece, enfila a corredoira de Tuimil, envolto na escuridade, coa figura esvaecida nas fonduras da castiñeira e o seu silencio perdido entre os xordos ruídos da noite.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués, 2000)

“Para que entenda que está a chover nas beirarrúas e nos automóbiles que pasan máis que máis que nada chove en silencio nos toxos, nas castiñeiras e nas xestas e penedos e na montaña do Incio.” (Suso de Toro: “Arrancado do chan”, Luzes de Galiza, 28, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.