castiñeiro

Árbore grande da familia das fagáceas (Castanea sativa) de copa ancha e folla caduca, de madeira moi apreciada, que ten como froito ourizos que conteñen as castañas no seu interior.

Etimoloxía

Termo derivado sobre a base castaña que procede do latín castanea que designaba a árbore e o froito da castaña, que á súa vez bebían do grego kastanon.

Exemplos *

"A neve pintou de branco o castiñeiro." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)

"As ondas chegaban ó cantil, estrelábanse, intransixentes, nos terróns feridos, sobre os que se asentaba unha frondosa fraga de castiñeiros." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.