castiro

Árbore grande da familia das fagáceas, de copa ancha, folla caduca, flores brancas e madeira moi apreciada, que ten como froito ourizos que conteñen as castañas

Etimoloxía

Variante empregada nas falas de Lugo sinónima de “castiñeiro”.

Exemplos *

“Cando lle dixo que non a importunara, que deixase de vela e de aburala, foi e meteuse garda. Despois chegaba ó Souto todo teso, fardando de pistola, furando todo o día carballos e castiros coa pistola...” (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto, 2001)

“Pasada unha golada lixeira avistaron un val mansiño, con bosques de castiros nas ladeiras, prados e hortas todo ó redor do mosteiro, e un riacho con pinta de troiteiro lambendo os muros da casa bernarda.” (Basilio Losada: Ero de Armenteira, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.