castor

Mamífero da orde dos roedores, de corpo groso cuberto de pelo castaño moi fino e espeso, patas curtas e cola plana con escamas, que habita na beira de ríos ou lagos en tobos de pólas e troncos que el mesmo tronza

Etimoloxía

Denominación que nos remite ao latín castor, -oris e o nome científico é castor fiber.

Exemplos *

“...e con repoboar non chega, que as nosas troitas non están afeitas a defenderse contra o cangrexo americano, os visóns, os castores e os outros paparotes omnívoros cos que fomos enchendo Galicia, rompendo o ecosistema.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“Os castores no bosque fan limpeza, son auténticos enxeñeiros, o que se queira; pero teñen inimigos, deben tomar precaucións.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.