castrexo

Relativo ou pertencente ao castro ou á civilización á que pertencían os habitantes dos castros

Etimoloxía

Palabra formada a partir de “castro” procedente do latín castrum ‘fortaleza’.

Exemplos *

“Na Idade do Ferro, os antigos poboadores da Galiza, os cales deron lugar ao conxunto de manifestacións coñecidas baixo o nome de cultura castrexa.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“O sábado, coa vila vestida de dúas mil anos atrás no tempo, escenificarase a chegada dos romanos e, doutra banda, a dos habitantes "castrexos" ata a Praza das Pitas _fronte á praza de abastos_ decorada para a ocasión.” (Redacción: Galicia Hoxe, 6-8-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.