Poboado fortificado da Idade de Ferro ou final da Idade de Bronce, propio da Europa occidental.
Etimoloxía
A súa orixe está no latín clásico castrum, –i 'castelo', 'fortaleza' ou 'praza fortificada'.
Exemplos *
"O castro erguíase na montaña, moitas máis pallozas ca todas as do val xuntas, defendidas por catro ou cinco murallas de terra." (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)
"O uso do carro polos habitantes dos castros é un feito probado, pois nalgunhas citanias do Douro atopáronse pegadas ou sinais de rodas." (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.