cata

Degustación dun alimento ou bebida co fin de percibir as súas características organolépticas

Etimoloxía

Derivado regresivo do verbo “catar” que nos leva ao latín captāre 'coller', 'buscar'.

Exemplos *

“A continuación o catador emitirá un xuízo sobre a calidade dos aromas atopados. Velaquí unha das partes máis importantes da cata de viños: o olfacto. Hai que levá-la copa ó nariz e uli-lo viño, con inspiracións curtas e separadas.” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro. Manuel completo do barman, 1998)

“Con eles tamén acudiu Cristino Lobillo, experto en aceites, que se encargou de comentar unha cata de aceites cos periodistas.” (X.M. Couselo: O Correo Galego, 30-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.