Transformación grande e brusca da superficie terrestre producida por fenómenos naturais, como un terremoto, unha erupción volcánica etc
Etimoloxía
Préstamo do grego kataklusmós ‘inundación’ pero que chegou á lingua desde o latín cataclysmos ‘enchente, diluvio ou inundación’.
Exemplos *
“O relato dunha civilización que sucumbe ante un cataclismo natural, sexa diluvio ou terremoto, é frecuente nas distintas civilizacións” (María López Sández: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2007)
“...estarían xa ocupando os seus nichos ecolóxicos nos lugares adecuados cando o cataclismo que produciu o afundimento do continente se verificou .” (Estanislao Fernández de la Cigoña: Illas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada, 1991)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.