catalizador

Substancia que modifica a velocidade dunha reacción química, xeralmente aumentándoa, sen que ela sufra ningún tipo de alteración.

Etimoloxía

Formouse da combinación dos elementos gregos cata ‘abaixo’ e lise ‘disolución’.

Exemplos *

“Os seres vivos están compostos de macromoléculas dotadas das máis extraordinarias características. Pódense cita-los ácidos nucleicos que poden ser traducidos en polipéptidos, os enzimas que serven de catalizadores nos procesos metabólicos …” (Emilio Valadé del Río, trad.: Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico)

“Para facilitar e acelera-lo secado mestúrase previamente cun catalizador e aplícase directamente sobre a prancha.” (Daniel Buján: O gravado)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.