catalogación

Acción de catalogar

Etimoloxía

Vocábulo derivado por sufixación tomando como base o verbo “catalogar” que remite ao latín catalogus que bebía no grego katálogos ‘lista’.

Exemplos *

“De pouco vale que unha biblioteca teña uns fondos notables se estes non están a disposición do público por falta de catalogación dos mesmos. Faise necesario, pois, coñece-lo tesouro bibliográfico galego para activa-la dobre vertente de conservación e difusión do mesmo.” (José Luís Mínguez Goyanes: Entregas de Comunicación Cultural, 1985)

“Góngora, arquiveiro de carreira, traballara na catalogación dos fondos da Alhambra antes de iniciar unha carreira literaria caracterizada en boa medida pola temática arábico-andaluza que (...) compoñía daquela un interesante subxénero do orientalismo literario español, capaz no seu vigor de irradiar mesmo manifestacións populares como a zarzuela.” (Alberto Elena: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.