Catarro das vías respiratorias, que produce un aumento da secreción nasal, tose e espirros.
Etimoloxía
Formado sobre o substantivo catarro e este vén do latín catarrhus, –i que significa o mesmo e que bebe do grego katarrhéo 'corre para abaixo'.
Exemplos *
"Neste inverno derradeiro, coas xeadas de xaneiro, collín unha catarreira que me tombou na cama…" (Olimpio Arca Caldas: Pelexa no souto)
"Gómez non falta nunca ao traballo, ten acudido con gripe, con catarreira, con febre rebaixada a conciencia con ibuprofenos e paracetamoles racionalmente intercalados cada tres horas." (Francisco Castro: Spam)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.