catarro

Inflamación dunha mucosa, acompañada de hipersecreción

Etimoloxía

Palabra que bebe do latín tardío catarrhus, pero procede do grego katárrous ‘que flúe cara a abaixo’.

Exemplos *

“Aos meus vellos eu transmitinlles moitos catarros. Eles a min só as ganas de vivir. E como os boto de menos.” (Rosa Aneiros: Galicia Hoxe, 21-3- 2007)

“Irene colle a barra de pan. Antes de contestar, pecha a carteira e gárdaa no bolso. -Estivo uns días con catarro, pero xa volveu ao colexio esta mañá. Teñen unha profesora nova.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.