cativo, -a

Rapaz de pouca idade

Etimoloxía

Procede do vocábulo latino captivus ‘cautivo’.

Exemplos *

“Unha señora sentada no banco dun parque mentres espreita ao seu cativo, bulindo no patín con xesto de furacroio.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda / Unha historia de amor, 2010)

“Lucía é boa, mamá, non di mentiras. Algunha se cadra conta, para che meter unha trola, que ti todo o cres. Non é mentira!!, dille a cativa, pondo morriños de enfadada.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.