catón

Cartilla para aprender a ler

Etimoloxía

Palabra creada a partir do nome propio do escritor Dionisio Catón do século III d. C. e cuxa obra servía de método de instrución na Idade Media.

Exemplos *

“Xosefa Iglesias Vilarelle (...) é autora do que parece ser o primeiro catón galego, o libro Método de lectura editado en 1932 polo Seminario de Estudos Galegos.” (Carme Blanco: O contradiscurso das mulleres. (Historia do proceso feminista), 1995)

“Ela ensinoume a ler aos catro anos, nun catón, un caderniño miserable, e logo a deletrear os anuncios e rótulos dos comercios mentres paseaba da súa man pola cidade, e a escribir na miña lousa de man” (María Xosé Queizán: A Nosa Terra, 29-1-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.