catre

Cama de pouca calidade para unha soa persoa, que se pode dobrar ou pregar

Etimoloxía

Préstamo do portugués catre que, á súa vez, parece que procede do malaio kattil ‘trono’.

Exemplos *

“Alí, en segredo, sentado nunha cadeiriña ó carón do catre que ela ocupaba, falaban do que lles petaba.” (Antón Risco: Tres situacións elementais, 1991)

“Pegoume unha puñada na cara que me lanzou baixo o catre que Marcial compartía co esmoleiro.” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.