Cantidade de auga dunha corrente ou dun manancial
Etimoloxía
Termo que vén do latín capitālis 'referente á cabeza', 'principal', 'capital', e este fórmase sobre caput, -ĭtis 'cabeza' ao que se engade -ālis '-al'.
Exemplos *
“Seica nun relato do escritor mozambicano Mia Couto un home tiña por oficio apuntar os niveis de caudal dun río nun punto inhóspito da selva. (...) Durante anos seguiu a apuntar no seu caderno e, ao quedar sen páxinas, deu en pintar os datos nas paredes da casa.” (Rosa Aneiros: Galicia Hoxe, 22-4-2009)
“Ao principio, brigadas contraincendios desprazaron camións bomba e despregaron mangueiras para tentar sufocar as hectáreas afectadas. Achicaron piscinas, sorberon encoros, minguaron o caudal dos ríos. Pero as lapas, orquestradas en focos, brotaban vigorosas e fecundas.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


