cava

Viño escumoso, branco ou rosado, producido principalmente en Cataluña

Etimoloxía

Termo creado en 1980 froito das presións do sector vitivinícola francés para que non se usara a súa denominación francesa.

Exemplos *

“Nese ano gaño o premio da universidade con Historia do rock and roll, fago un vídeo ese verán con eses poemas... Entro nunha creatividade desenfreada, foi como abrir unha botella de cava, sobre todo a partir do ano 83, cando se disolve Rompente.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

“Gústalle o ritual de poñer a música, preferiblemente o Bolero de Ravel; baixar a potencia da luz, escurecendo a cristaleira ou alternando as lámpadas. Case nunca faltan as copas e o cava frío.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.