cavada

Terreo que se cavou, xeralmente para dedicalo a cultivo

Etimoloxía

Vocábulo que deriva do verbo “cavar” que procede de cavare de significado semellante.

Exemplos *

“A batalla contra o lume gáñase ano tras ano, amais de coa disposición dos pasteiros, facendo rozas selectivas de prevención (mitigando así a tentación de queimar terreos por ser intransitábeis para as persoas), como os camiños, e os accesos ás cavadas, amais das faixas de protección xunto ás vivendas e núcleos de poboación, as áreas de pastoreo en mato...” (Alexandre Cendón: Cerna. Revista Galega de ecoloxía e medio ambiente, 2-2010)

“Eu non sei de que vivía, ela tíñase por labradora e facía unha cavada no monte da Granda da Abilleira, que logo sementaba a trigo trimesiño e consideraba unha grande colleita e dábase por moi satisfeita o ano que entre palla e gran encheu unha saca de Castilla.” (Manuel Anxo Laxe: Semente de onte, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.