Camiño fondo entre montañas por onde corre un regato
Etimoloxía
Voz que xorde desde o vocábulo latino cavum ‘oco’.
Exemplos *
“Deita o seu pano de neves / por enriba dos caborcos, / para acochalas feridas / do monte, o ceo bretemoso.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Inverno no monte”, Cantarenas, 1981)
“E se alguén andaba cun bo cabalo, de noite polo monte, a risco de esfragarse polos cavorcos, era que coñecía o monte ás escuras. E iso non podía ser por cousa boa.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


