Tecido fino elaborado co pelo ou a la dun tipo de cabra orixinaria da rexión india de Caxemira.
Etimoloxía
O nome do tecido procede do topónimo Caxemira.
Exemplos *
"… o xersei, por riba, de caxemira, formaba estrañísimas combinacións malvas que, por estar habituados, non espertaba abraio nos asistentes." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)
"De cando en vez, o fillo concedíalle unha oportunidade, admitindo que necesitaba acudir ó podólogo ou cambiar de lavandería pra que non lle desgraciasen os xerseis de caxemira." (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


