Recipiente de cociña con mango, xeralmente con bico, e máis amplo pola boca ca polo fondo, que se utiliza para cociñar ou quentar líquidos e alimentos.
Etimoloxía
Non se coñece a súa orixe.
Exemplos *
“A avoa contábanos de nenos que se deixabas o cazo de leite destapado perdíase porque o trasno da casa lavaba o cu nel.” (Manuel Rivas: Os comedores de patacas)
“O sacrificio do afeitado, o cazo do café con leite, deixado de noite pola irmá, posto a ferver mentres asentaba a navalla para repasar a barba.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.