cebón

Porco que se ceba para sacrificar, en particular o que se ceba para unha segunda matanza

Etimoloxía

Vocábulo que se crea mediante un sufixo aumentativo que toma como base o verbo “cebar” que procede do latín cibare que significa ‘alimentar’ ou ‘nutrir’.

Exemplos *

“Á hora de poñerse na cociña, non é o mesmo un cebón lugués ca unha vaca vella sen patria.” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas, 1994)

“En Galicia, a crise finisecular supuxo a perda das exportacións de cebóns ó mercado inglés, ó cal abastecían dende a década dos 40 do século XIX.” (Diego Conde Gómez: Os animais domésticos na historia de Galicia, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.