cedro

Árbore da familia das pináceas da que existen diversas especies que se caracterizan por ter o tronco recto, pólas algo colgantes e copa cónica, que chega a medir uns corenta metros / Madeira desa árbore, aromática, compacta e de moita duración

Etimoloxía

Termo que nos chega desde o latín cedrus, e este procede do grego kédros de significado semellante.

Exemplos *

“En fila de un, as eirugas forman ringleiras que ás veces chaman a atención dos humanos e outros animais. Unha curiosidade que, ás veces, pode resultar perigosa. Alén dos danos que causa nos piñeiros e nos cedros, a procesionaria pode ser letal para os cans e daniña para os máis cativos.” (Victoria García: Gciencia. O portal da ciencia galega, 1-2019)

“Eu acostumo correr unhas cantas voltas, vou por un lado ou polo outro, métome polos carreiros, como cando eramos pequenas. Agora corro entre as árbores das que tiven que aprender os seu nomes, xa que a miña nai non soporta que a xente nova fale só con xenéricos. Eu fun enchendo o conxunto das árbores con cedros, piñeiros, tileiros, camelias, carballos, etc...” (Marga do Val: Tizita e Sabela na procura, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.