Vento suave e apracible
Etimoloxía
Termo culto que procede do latín zephy̆rus, que bebe do grego zéphyros que era o nome do deus que personificaba o vento do oeste.
Exemplos *
“Ouviu o pequeno murmurio da floresta como un himno involuntario. Percibiu un cheiro salitroso. Na súa face batía o céfiro. Viu caer sobre os seus ollos o ineludíbel crepúsculo.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella, 1993)
“Voando unha lixeira caricia de aire fresco / Un céfiro que errante servida será a cea / Que grata lles resulte connosco a travesía.” (Manuel Forcadela: Lámpada e medusa, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.