cegoña

Ave migratoria da familia dos cicónidos da que existen varias especies que se caracterizan por ter as patas, pescozo e peteiro moi longos e por facer o niño en lugares altos

Etimoloxía

Procede do latín ciconia co mesmo significado.

Exemplos *

“A comezos do mes de febreiro podían pasar algunhas cegoñas que preferían ir para Lugo e no verán avistaban algunha garza que ían contra a zona da lagoa de Antela.” (Bernardino Graña: Curros Enríquez e os gansos, 2011)

“Mentres a xente morría nunha guerra non se podía andar a falar de cegoñas que traen nenos de París.” (J.A. Xesteira: Contos de familia/ Historia dunha cabra, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.