cegueira

Falta ou perda da función visual

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o substantivo “cego, -a” que procede do equivalente latino caecus de significado semellante.

Exemplos *

“A perda de visión pode derivar nunha retinopatía diabética que en grado extremo produce cegueira.” (Lidia Iglesias: O Correo Galego, 2000)

“A súa filla a infanta María Luísa padecera varíola, unha enfermidade que se cebaba nos nenos, tiña alta mortalidade ou causaba cegueira e desfiguraba os rostros. Unha variedade era tan mortal como o propio ébola.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 4-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.