Recolección dos cereais / Época apropiada para a realización dun labor
Etimoloxía
Vocábulo que bebe do equivalente árabe saifa ‘colleita’.
Exemplos *
“A Lourenço o gusto pola música vénlle de neno, cando cantaba na vendima e na ceifa e cando participaba con outros mozos no coro da capela polas festas, e cantando panxoliñas polo Nadal.” (Manuel Portas: Lourenço, xogar, 2017)
“O Delmiro, que estaba derreado entre o centeo para meterlle ritmo ao fouciño de maneira que a súa ceifa non quedase atrás, ergueu o carrelo.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.