celeste

Cor azul clara, coma a cor do ceo sen nubes.

Etimoloxía

Procede do latín caelestis, -e 'do ceo'.

Exemplos *

"O ocaso tornárase máis nitido e, nos lugares onde o sol xa non fulxía directamente, era perceptible unha fermosa intensidade escura do azul celeste, contrastada coa figura case negra dos montes e os outeiros …" (Manuel Forcadela : Anxélica)

"Animábame pensar que alí estaban as flores, e que agora lucía un sol dourado nun ceo de fermoso azul celeste." (Dora Vázquez: O Correo Galego 25-05-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.