Bordo superior, curvo e saínte, da órbita do ollo, e conxunto de pelos que o cobren para a protección do propio ollo
Etimoloxía
Termo que vén do vocábulo latino en plural cilia, neutro da voz cilium 'cella'.
Exemplos *
“A gran cella negra de orella a orella apuntaba cara abaixo xusto no centro, como unha grosa frecha sinalizadora que indicase aos visitantes o camiño cara ao seu nariz.” (Francisco Galván: As crendas de San Porfirio. Diario terapéutico dun esquizofrénico, 2012)
“Ernesto seguía a ser un home alto, malia que andaba xa polos cincuenta e tantos e a vida o ía engruñando paseniño. Chamaban a atención as súas cellas espesas, un nariz un chisco afiado e unhas meixelas un tanto engulidas nos ósos.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.