celosía

Enreixado moi mesto de barras de madeira ou metal cruzadas, que se coloca nas ventás para mirar o exterior sen ser visto, ou como adorno.

Etimoloxía

Remite ao verbo latino zelare ‘ter ou mostrar celos’.

Exemplos *

“Cando apartaba os ollos cansos dos alfinetes da almofada, tiña a sensación de que miraba o mundo por unha celosía enreixada con punto de flor.” (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?)

“... chimpou co cobertor que case non o cubría, esqueceu a nai que o esquecera a el, asomou o seu nariz pola celosía para contemplar o mar, tal como facía todas as mañás ...” (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espírito de Broustenac)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.