celta

Relativo ao grupo de pobos de orixe indoeuropea que se estableceu no occidente de Europa e o individuo dalgún destes pobos

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe no latín Celta, e esta palabra remite ao grego Keltós ou Kéltēs, voz de orixe celta.

Exemplos *

“Fillos dos nobres celtas, / fortes e peregrinos, / luitade polos destinos / dos eidos de Breogán.” (Eduardo Pondal e Pascual Veiga –música–: Os Pinos, 1890)

“Aquí todos escoitamos centos de contos sobre o ouro perdido dos mouros, dos celtas e mesmo do mago Merlín. Pero hoxe tócanos vivir tempos salvaxes, señor, e xa abondo temos con atopar algo que levar á boca como para nos poñer a buscar todos os tesouros dos que falan os contos das vellas.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.