Lugar onde se enterran os mortos.
Etimoloxía
Chegounos a través do latín coemeterium, aínda que procede do grego koimeterion 'lugar para durmir'.
Exemplos *
"En escavacións nos cemiterios medievais e modernos aparecen con frecuencia casos de mulleres embarazadas que sucumbiron durante o parto por causas diversas, entre elas a excesiva estreiteza da pelve." (María Xosé Queizán: Anti natura)
"Continuou falando das claridades que por veces alumeaban os cemiterios e chamoulles lumes fatuos, que son fósforos que hai nos ósos e relocen algunhas noites." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.