cenceno

Flor que nace na parte alta da cana do millo

Etimoloxía

Termo que bebe do latín cincinnum ‘rizo’.

Exemplos *

“Dun tembrar moi lixeiro de cenceno / —sen devezo nin gozo— ventureiro. / Voar —non sei— e estar firme e sereno.” (Aquilino Iglesias Alvariño: Lanza de soledá, 1961)

“A maxia empeza agora, a finais de agosto, cando xa se vai logrando e despunta o cenceno. Que gusto dá moverse entre os regos cando bufa o vento e abanea os pés acompasadamente.” (Santi Garrido: La Voz de Galicia, 21-8-2023)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.