cénit

Punto da esfera celeste, oposto ao nadir, situado na vertical do observador

Etimoloxía

Palabra froito do latín medieval cenit  que era unha lectura errada do termo árabe samt ‘camiño’ ou ‘dirección’.

Exemplos *

“Ata que se producía ese instante máxico de observa-lo sol no seu cénit, suspendido no espacio, detido no exacto punto de inflexión que sinala a fin do cotián ascenso e o comezo do seu devalar cara á noite.” (Alfredo Conde: Sempre me matan, 1995)

“Cando os dous enfermeiros envolveron o cadáver nunha manta, a lúa estaba no cénit e sorría condescendente.” (Camilo Franco: A lúa no cénit e outros textos, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.