cenobio

Lugar onde vive unha comunidade de cenobitas

Etimoloxía

Palabra culta que procede do latín tardío coenobium que remite ao grego bizantino koinóbion ‘vida en común’.

Exemplos *

“O padre Antón pediume que, nos momentos de descanso da miña escritura, me dedicase a unha actividade dende había tempo esquecida no cenobio, a lectura dalgún códice dos existentes na escanastrada biblioteca que se encontra nun dos fríos e húmidos apousentos da planta superior.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“A fortaleza é resultado de sucesivas reconstruccións a partir da torre, forte levantada pola condesa Mumadona para salvagarda-lo seu cenobio dos normandos.” (Antón Pombo: O Correo Galego, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.