cenotafio

Monumento funerario no que non está enterrado o corpo da persoa a quen se dedica.

Etimoloxía

Tomámolo do francés cénotaphe, que se remonta ao grego kenotaphion 'túmulo baleiro'.

Exemplos *

"¿Non tería, tamén el, o sentimento de que penetrara entón nunha cidade sen moradores, quizabes nun cenotafio, nun cemiterio?" (Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela)

"O vellote brandía o bastón con cabeza de can que portaba cara ó cenotafio de sir John Moore …" (Vicente Araguas: A canción do verán)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.