Lista de persoas con dereito a votar
Etimoloxía
Frase formada polo nome “censo” que vén do equivalente latino census ‘lista de persoas ou bens’ e o adxectivo “electoral” que se forma sobre “elector” que procede do latín tardío elector ‘o que elixe’.
Exemplos *
“O INE, xunto cos concellos, fai unha nova subdivisión dos distritos municipais en seccións, que se utilizan tanto para os fins estatísticos comentados ao final da epígrafe anterior, coma para a xestión do censo electoral.” (José Manuel Colmenero Álvarez e Fernando L. Lema Devesa: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro / A parroquia no ámbito estatístico, 2009)
“Así que aquel debía ser o único lugar oficial en que figurasen, xunto co censo electoral.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.