censo

Lista de persoas dun país ou estado e das súas propiedades

Etimoloxía

Chega directamente do latín census 'lista ou rol das persoas e dos bens' ou 'feito polo censor’.

Exemplos *

“Segundo se recolle no censo do 1991, catro de cada cinco fogares monoparentais están encabezados por mulleres.” (Ana Iglesias Galdo: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia, 2008)

“Hoxe case 350.000 galegos no exterior poden votar, o censo fóra multiplicouse por dez dende o nacemento da autonomía.” (Manuel Vilas: A Nosa Terra, 15-01-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.