centeo

(Secale cereale) Planta da familia das gramíneas, moi semellante ao trigo, coas espigas máis longas e delgadas.

Etimoloxía

Procede da denominación latina centenum, -i, derivado do numeral centeni 'de cen en cen', polos moitos grans que produce cada planta.

Exemplos *

"… podían pasar o verán á sombra e non na sega do centeo, na renda do millo ou na bima das cepas." (Clodio González  Pérez: Galicia Hoxe 25-04-2009)

"O centeo e o paínzo eran a base da alimentación dos galegos antes de que o novo cereal chegase de América a Galicia …" (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.