centola

(Maja squinado) Crustáceo mariño da orde dos decápodos, dotado de pinzas no primeiro par de patas, co cacho ovado, robusto e con numerosas protuberancias, de cor vermella ou rosada.

Etimoloxía

É probable que sexa de orixe céltica, pero non se coñece o étimo concreto.

Exemplos *

"Unha centola non se come como podería facerse cunha mazá ou un bisté: unha centola hai que explorala." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

"Unha persoa con fame sempre prefirirá un muxo ao forno que gastar enerxías aproveitando unha centola." (Francisco Calo Lourido: Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.